A Concelleria de Igualdade de Ribadeo presentou este xoves o terceiro Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres, que define as liñas estratéxicas da área para os vindeiros tres anos.
O plan reforza o papel do Centro de Información á Muller (CIM) como “organizador e planificador” das accións a desenvolver, segundo explicou a concelleira Mariluz Álvarez Lastra.
A edil enunciou os eixos de traballo que artellan o programa: a educación en igualdade; a vida libre de violencia machista; o apoderamento e participación social; a organización social corresponsable e o mercado laboral; a saúde, o deporte e calidade de vida; e a transversalidade de xénero na administración municipal.
METODOLOXÍA
Segundo explicou Tania Merelas, profesional do equipo técnico responsable do plan, na súa elaboración empregouse unha metodoloxía participativa con datos de fontes oficiais, de cuestionarios ao persoal técnico, e de propostas consensuadas en mesas de diagnose e planificación.
DOTACIÓN ORZAMENTARIA
A concelleira de Igualdade subliñou que as accións previstas teñen unha contía asignada con cargo aos orzamentos municipais.
Durante a presentación do plan, Lastra reivindicou a labor feita desde o concello nos últimos 16 anos, desde a creación da primeira creación da Concellería da Muller en 2003. Fixo fincapé na posta en marcha do CIM en 2004 e do Consello Municipal das Mulleres, “polo que pasaron como vogais 100 mulleres”.
O acto de presentación, celebrado no salón de plenos e aberto ao público, concluíu coa acto deste tarde, que coa proxección da curtametraxe “B Positivos” de Sara Varela.