InicioPolítica'Centrados en Viveiro', o lema do PP para as eleccións municipais

‘Centrados en Viveiro’, o lema do PP para as eleccións municipais

Os conservadores presentan un equipo "leal e comprometido" no que "están representados todos os sectores e sensibilidades do municipio"

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Viveiro presentou a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais, unha lista que encabezará o xoeiro Óscar Rodríguez. 

‘Centrados en Viveiro‘ será o lema da lista, que forma, segundo os conservadores, “un equipo leal e comprometido no que están representados todos os sectores e sensibilidades do municipio”, aseguran.

Óscar Rodríguez Blanco, José Soto Martínez, Teresa Pérez Rodríguez, Inma Nespereira Domínguez, Javier Teijeiro López, Antonio Lage Seara, Alicia Meitín Cordido, Vicente Vázquez Chao, Belén Corral Mera, David Piñeiro Rey, Valentín Mera Sánchez, Elena González Eijo, Magud Lara Aranda, Juan José Quelle Fra, María Luisa Soto Vázquez, Jaime de Olano Vela, Marta Pérez Lage, Felipe López Fernández, Carlos Martínez Fernández e Mariña Gueimunde González forman a lista.

PROGRAMA

Rodríguez avanza que os populares están a ultimar o programa co que concorrerán ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, que darán a coñecer nos vindeiros días. “Non vai ser un programa con promesas como o dos outros partidos, senón un contrato que imos asinar cos cidadáns e que nos comprometemos a cumprir”, subliña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...