InicioM.ambiente e PatrimonioMondoñedo acolle desde este sábado o centro español de documentación espeleolóxica

Mondoñedo acolle desde este sábado o centro español de documentación espeleolóxica

A Confederación de Espeleología y Cañones celebrou a súa asemblea xeral na cidade mindoniense

Publicada o

- Advertisement -

Mondoñedo foi este sábado o foco da espeleoloxía estatal trala inauguración do centro español de documentación espeleolóxica, que se ubicará no Pazo de San Tomé.

Coincidindo coa apertura do centro, a Confederación de Espeleología y Cañones (CEC) celebrou este sábado a súa súa asemblea xeral na cidade episcopal.

O centro aglutinará no espazo a biblioteca da Federación Galega de Espeleoloxía, así como as memorias de todas as exploracións que se fixeron en España e a documentación da antiga Federación Española.

3.000 VOLUMES

Serán preto de 3.000 volumes que serán organizados nunha primeira fase para, nun futuro, poder ser dixitalizados. Toda esta documentación estará aberta ao público, baixo solicitude previa.

DESTINO ESPELEOLÓXICO 

A alcaldesa, a popular Elena Candia, asegurou que “este importante reclamo supón un gran paso para converter Mondoñedo nun referente imprescindible e de primeiro nivel como destino espeleolóxico, un dos obxectivos que sempre nos propuxemos dende o Goberno local e no que seguiremos a avanzar”.

A directora xeral de Turismo, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, acompañaron á rexedora, que subliñou que este sábado deuse “un gran paso”, que “traerá ata a cidade tanto a espeleólogos federados como a cidadáns que queiran afondar neste campo”.

Neste senso, Mondoñedo conta coa Cova do Rei Cintolo, a meirande de Galicia e acreditada como destino de turismo científico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...