InicioSucesosPiden cinco anos para un gandeiro de Ribadeo por tentar matar unha...

Piden cinco anos para un gandeiro de Ribadeo por tentar matar unha veterinaria

Segundo o escrito da Fiscalía, o irmán do acusado tivo que intervir para apartalo cando afogaba á profesional, que acudía a un control leiteiro

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía pide cinco anos de cárcere para un gandeiro de Ribadeo que, supostamente, intentou matar a unha veterinaria que acudía a realizar un control. O xuízo celebrarase o vindeiro 9 de maio, ás 10.00 horas.

Os feitos, segundo o escrito de acusación, producíronse ás 8.00 horas do día de Reis do 2017. A vítima, R. M. P. P., acudía á explotación gandeira para facer un control leiteiro. Nese momento, sen mediar palabra, o titular da mesa, L. J. F. G., abalanzouse sobre ela e tirouna ao chan agarrándoa con forza do pescozo, coa intención de afogala.

O irmán de L. J. F. G. tivo que intervir para separar ao acusado, que mesmo collera un pau.

MULTA DE 3.000 EUROS

O home está acusado dun delito de homicidio en tentativa e enfróntase a unha pena de cinco anos de prisión e a prohibición de aproximarse a R. M. P. P. a unha distancia inferior de 200 metros e comunicarse con ela por calquera medio durante oito anos, ademais do pago dunha indemnización de 3.000 euros polas lesións producidas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...