Iniciosociedade(VÍDEO) As Catedrais, San Martiño ou O Souto da Retorta, lugares "únicos...

(VÍDEO) As Catedrais, San Martiño ou O Souto da Retorta, lugares “únicos no mundo”

A Deputación presenta 'Lugo inédito', un vídeo promocional que estará dispoñible en sete idiomas de cara ao verán

Publicada o

- Advertisement -

O delegado de turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou este mércores na no Pazo de San Marcos o novo spot audiovisual ‘Lugo Inédito‘ e outros seis vídeos máis para promocionar o turismo da provincia. Todo este novo material audiovisual inclúese na campaña ‘Lugo Cambia‘.

Vidal Baamonde subliñou que, de cara ao verán, ‘Lugo Inédito’ estará dispoñible en sete idiomas inglés, italiano, portugués, alemán, francés, galego e castelán- para captar a atención de máis viaxeiros nacionais e estranxeiros para os xeodestinos da provincia.

TRECE RECURSOS TURÍSTICOS SEN PARANGÓN

Na campaña audiovisual enuméranse máis dunha trintena de lugares de interese turístico, dos que 13 que teñen o privilexio de poder etiquetarse como únicos no mundo. No vídeo Lugo Inédito amosamos unha selección deles como, por exemplo, a muralla de Lugo ou a Praia das Catedrais, entre outros”, expón Vidal Baamonde.

Son, ademais dos mencionados, a Serra do Courel, referente mundial de xeoloxía e recentemente declarado Xeoparque Mundial; A Ribeira Sacra, a maior concentración de románico rural de Europa; Lugo, a provincia española con máis quilómetros de Camiño de Santiago; San Pedro de Fiz de Hospital en O Incio, única igrexa de mármore do mundo, ou San Martiño de Mondoñedo, a catedral máis antiga de España.

Tamén as pallozas dos Ancares, testemuñas dunha forma de vida única; o castro de Fazouro, único marítimo escavado no Cantábrico; Santa Eulalia de Bóveda, un dos grandes enigmas da arqueoloxía; o Souto da Retorta, un bosque con árbores xigantes; o viño da Ribeira Sacra, bebida de heroes; e A fortaleza de Pambre, única fortaleza galega imbatible nas Revolucións Irmandiñas.

ESTREARANSE EN BILBAO

O vídeo e o resto de material audiovisual da campaña proxectarase do 10 ao 12 de maio na Feira de Turismo Expovacaciones de Bilbao, na que a Deputación contará cun stand propio.

Vidal Baamonde, durante a presentación do vídeo. AXM

Estes vídeos publicaranse na canle de Youtube da área de Turismo do executivo provincial e a guía completa dos espazos de ‘Lugo Inédito’ pódese consultar na web de turismo da Deputación. Serve de proposta e fío condutor, expón o goberno de San Marcos, para coñecer toda a provincia a través de elementos do seu patrimonio que a fan diferente.

Con imaxes impactantes que amosan a gran beleza da provincia, o documental e os outros cinco microvídeos potencian os atractivos turísticos dos catro xeodestinos da Ribeira Sacra, A Mariña, A Montaña e a Terra Chá e da provincia en xeral. Difundiranse en plataformas turísticas de Galicia, España e Portugal, e posteriormente a outros países, expón a Deputación. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...