InicioPolíticaO PP de Burela aspira á declaración como Monumento Natural da Igrexa...

O PP de Burela aspira á declaración como Monumento Natural da Igrexa de Coeda

Os conservadores presentaron a súa candidatura para, argumentan, que o municipio "deixe de ser o irmán pequeno do turismo na Mariña Lucense"

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Burela presentou este venres a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais, unha lista que encabezará Manuel Rouco. Tamén adiantou algunha das propostas do seu programa, como a declaración como Monumento Natural da Igrexa de Coeda.

Os conservadores elixiron este lugar para a presentación da súa candidatura. Fixérono, afirman, pois figura dentro do seu programa de goberno para ser promovido como monumento natural. Trátase dunha das medidas propostas para “deixar de ser o irmán pequeno do turismo na Mariña Lucense”, argumenta o alcaldable popular. Outra é “a mellora na sinalización turística da vila”.

O PP de Burela afirma que quere “colocar a Burela en pleno século XXI, cunha candidatura formada por veciños cheos de ilusión e gañas de traballar polo seu pobo, que pretenden demostrar que os proxectos realistas, de presente e de futuro, son realizables cando o talento, a convicción e o esforzo dun equipo se poñen ao servizo dos feitos e non das promesas”.

CANDIDATURA

A enxeñeira de camiños Yovana Oroza; o adestrador de fútbol sala Javier Pardeiro; a supervisora de enfermería Ana Álvarez; a arquitecta técnica Natalia Álvarez; a diplomada en turismo Sonia López; o operario de Armadores de Burela S. A. (Absa) Félix Martins; os empresarios do sector pesqueiro, Miguel Díaz e Xusto Eijo; o empresario Pepe Casas; a auxiliar de enfermería Marina López e os xubilados Fina Yáñez, Carlos Saa e Felicísimo Baño.

Completan a lista ao xefe de cirurxía do Hospital Público da Mariña, Alberto Ramos; e a estudante de Economía Aitana Rodríguez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...