Iniciosociedade“45 razóns” para acudir ao Ribadeo de Tapeo, con petiscos vexetarianos e...

“45 razóns” para acudir ao Ribadeo de Tapeo, con petiscos vexetarianos e para celíacos

O concurso gastronómico, que se celebrará desde este sábado ao 19 de maio, estrea web

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 45 establecementos hostaleiros participarán con cadansúa receita na décimo cuarta edición do Ribadeo de Tapeo, que arrinca o vindeiro sábado e prolongarase ata o 19 de maio. O concurso gastronómico estrea páxina web e a app oficial estará dispoñible a partir da vindeira media noite.

A concelleira de desenvolvemento Local e turismo, Ana Martínez, explicou que “tamén os participantes terán opción a premio facendo as rutas que están organizadas nos diferentes tramos, e que se poden ver no libriño que, como todos os anos, imos dar nos establecementos participantes”.

A cita entregará tres premios aos locais participantes, dous do público -mellor tapa e mellor barra- e outro do xurado profesional. Martínez precisou que “16 establecementos vanse presentar” a este último certame.

Será o día 20 cando, no Restaurante Voar, un xurado profesional elixa as mellores tapas das 16 que se presentan voluntariamente a concurso. Dese xurado formarán parte, entre outros, cociñeiros como Álvaro Villasante (Paprica, Lugo), Bruno Lombán, (Quince Nudos, Ribadesella), Manicha Bermúdez (La Taberna Rotilio, Sanxenxo) ou Toñi Vicente, ademais dos docentes Miguel Ángel Sánchez e Ana Martínez.

PETISCOS A 1,5 EUROS

Martínez engadiu que “o prezo da tapa mantense en 1,5 euros, e este ano temos tapas gastroaccesibles. Unha decena de locais contarán con tapas aptas para celíacos e para vexetarianos. Nesta labor quero agradecer o traballo da Asociación de Celíacos de Galicia, que nos axudou á selección”, explicou a edil.

GASTROXINCANA

O Concello tamén dará continuidade á gastroxincana iniciada no pasado exercicio, un xogo por equipos “onde tamén os asistentes poderán disfrutar e divertirse dun xeito moi agradable. Habilidade e coñecemento conxugaranse e a xente que queira participar”, expón Martínez. Anotan no correo gastroxincanaribadeo@gmail.com.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...