IniciosociedadeViveiro repartirá 23 compostadores para facilitar a reciclaxe doméstica

Viveiro repartirá 23 compostadores para facilitar a reciclaxe doméstica

O Concello adheriuse ao programa de compostaxe no fogar de Sogama

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro distribuirá 23 compostadores entre as persoas interesadas na autoxestión dos residuos orgánicos. Trátase de recipientes con capacidade para 400 litros destinados a degradar a materia orgánica xerada no fogar para convertela nun abono natural.

Repártanse no marco do programa de compostaxe doméstico de Sogama, ao que ven de adscribirse o concello. Cos compostadores entrégase un manual con información detallada sobre o proceso a levar a cabo: a ubicación do compostador, os materiais que poden se depositados nel, as condicións de osíxeno, temperatura e humidade idóneas para a degradación ou as utilidades de abono obtido, que pode ser aplicado na agricultura con garantías e sen restricións.

REDUCIÓN DE RESIDUOS

Estímase que a materia orgánica supón o 42% do contido dunha bolsa de lixo doméstica típica, polo que a reciclaxe no fogar reduciría moi notablemente os residuos depositados no contedor verde convencional, cos beneficios ambientais pero tamén económicos que iso supón.

As persoas interesadas en adquirir os compostadores poden demandalos a través do rexistro do concello, que atenderá as peticións por orde de solicitude.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...