IniciosociedadeSuspendido o xuízo contra o 'pequeno Nicolás' por simular ser enlace da...

Suspendido o xuízo contra o ‘pequeno Nicolás’ por simular ser enlace da Casa Real en Ribadeo

A avogada principal do acusado renuncia á defensa e a vista oral queda adiada sen data

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A sección 17 da Audiencia Provincial de Madrid suspendeu este luns o xuízo previsto contra Francisco Nicolás Gómez Iglesias, coñecido como o ‘pequeno Nicolás’, ao que se lle acusa dunha ristra de delitos por simular presuntamente ser unha ligazón da Casa Real nunha viaxe a Ribadeo para enganar a un empresario.

O xuízo foi adiado sen data concreta xa que a letrada principal do acusado renunciou recentemente á súa defensa por “presións indirectas” que “poñen en perigo o correcto exercicio do dereito á defensa”.

Gómez Iglesias enfróntase a sete anos de prisión e unha multa de 81.000 euros por delitos de usurpación de funcións públicas, falsidade documental e suborno pasivo.

ENCONTRO NA VILA RIBADENSE

A principios do mes de agosto de 2014, segundo se desprende do escrito de acusación, Gómez Iglesias propuxo organizar unha reunión a un empresario –Jorge Cosmen– ao que lle fixo crer que actuaba en calidade funcionario público como unha ligazón entre a Vicepresidencia do Goberno e a Casa Real. O 13 de agosto ambos mantiveron un xantar nun restaurante ribadense ao que, segundo o acusado, “asistiría unha persoa moi importante da Casa Real”.

DOUS POLICÍAS, PRESUNTOS CÓMPLICES

Os policías Jorge González Hormigos e Carlos Pérez López-Dávila, a quen supostamente o pequeno Nicolás gratificou por axudarlles a acometer o plan, acompañárono na viaxe. A Fiscalía solicita para eles catro anos e 18 meses de prisión e unha multa de 4.500 euros polos delitos de usurpación de funcións públicas.

O mozo alquilou catro vehículos de alta gama cos seus condutores e falsificou dúas acreditacións do Ministerio do Interior.

A comitiva partiu da rúa Montalbán madrileña. Segundo a Fiscalía, durante unha parada, os dous axentes acusados dixéronlles aos condutores que estaban en viaxe oficial, exhibiron as armas regulamentarias, repartiron os ‘pinganillos’ e colocaron nos turismos as luminarias e acreditacións oficiais do Ministerio do Interior. En Ribadeo foi recibido polo alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia.

Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...