A organización do Resurrection Fest anunciou este xoves a través das súas redes sociais que os grupos Power Trip e Misery Index causan baixa na edición de 2019 do festival, que se celebrará en Viveiro do 3 ao 6 de xullo.
Os organizadores expuxeron que estas dúas bandas non poderán actuar na décimo cuarta edición por “motivos loxísticos“. Con actuacións previstas no Ritual Stage para o xoves e o sábado, respectivamente, os texanos Power Trip ían presentar o seu último traballo, ‘Nightmare Logic‘, mentres que os tamén estadounidenses Misery Index están inmersos na xira de ‘Rituals of Power‘.
ACORDES “EN XÉNERO E TAMAÑO”
O Resu expón que os seus impulsores “levan tempo traballando” nos grupos que os substituirán e que anunciarán “canto antes”. A organización busca “bandas acordes en xénero e tamaño“.