IniciosociedadeUn fungo xigante convoca aos curiosos nun bar de Alfoz

Un fungo xigante convoca aos curiosos nun bar de Alfoz

Trátase dun exemplar da especie denominada fungasapos ou parrocho fumeiro, que apareceu preto da parrillada San Pedro

Publicada o

- Advertisement -

Do tamaño dun pan de dous quilos, hai poucos días apareceu un fungo colosal a escasos metros do Bar San Pedro, ubicado na parroquia de Mor, en Alfoz

Segundo precisan desde o establecemento, trátase dun exemplar da especie denominada fungasapos ou parrocho fumeiro, pois estes fungos, brancos e de escaso peso, adoitan conter unha especie de pó que semella fume se se estoupan.

O tamaño do fungo está a despertar a admiración no local. “Toda a veciñanza acode estes días ao Bar San Pedro para contemplar o fungo prodixioso, pois normalmente son de tamaño inferior a un puño de adulto, mais o encontrado en Correlos supera todo o coñecido“, asegura Mari Carmen Galdo, dona do bar.

Outra imaxe do fungo. AXM

EXPOSTO NO LOCAL

Galdo sinala que “ademais de darse nos prados onde paceu o gando, poden nacer nas esterqueiras. O único animal que o consome son os caracois e as lumachas, de feito este exemplar apareceu con indicios de ter sido encetado por este tipo de bichos”, asegura.

O fungo permanece exposto no exterior do Bar San Pedro e todos os días é fotografado por ducias de persoas que desexan inmortalizar o fenomenal fungo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...