InicioPolíticaMaría Loureiro renova mandato en Viveiro, aínda que sen alcanzar a maioría...

María Loureiro renova mandato en Viveiro, aínda que sen alcanzar a maioría absoluta

O PP mantén representación con cinco concelleiros, mentres que o voto da esquerda alternativa ao PSOE segue repartido, con dous edis para Por Viveiro e un para BNG e Son Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

As eleccións municipais de 2019 deixaron en Viveiro resultados similares ás de 2015. A socialista María Loureiro renovou a confianza dos votantes e será catro anos máis a alcaldesa do municipio, aínda que non alcanzou os nove edís que dan a maioría absoluta no concello viveirense.

O PSdeG-PSOE sumou 3.781 votos, o 45,41% do escrutinio. Así, os socialistas teñen un lixeiro retroceso en canto a votos -perden 77-, co que conseguen oito concelleiros.

O PP, cuxa candidatura encabezou Óscar Rodríguez, amortigou as consecuencias da crise interna que estalou nos últimos meses coa demisión de tres edís, entre eles o ex líder do partido a nivel local, Antonio Bouza.

A formación conservadora segue a perder votos, aínda que mantén os cinco edís na corporación. Se no 2015 obtivo 2.284 sufraxios, 1.182 menos ca no 2011 (3.446), cando foi a lista máis votada no municipio, nestes comicios só acadou 2.117, un de cada cinco escrutados.

Por Viveiro, o partido independente xurdido do grupo de non adscritos e liderado por Bernardo Fraga, acadou 1.178 apoios (14,15%), que lle dan dous edís.

O BNG, tralo cisma dentro do partido que lle supuxo perder a representación, terá unha concelleira, Miriam Bermúdez. Un total de 619 persoas respaldou aos nacionalistas. Son Viveiro En Común, lista que liderou Luis Manuel García Otero, mantivo o edil acadado en 2015, con 450 votos, o 5,4% do total.

Compromiso por Galicia (CxG), candidatura que tivo ao frente a Alba Sanjurjo, obtivo o respaldo de 78 cidadáns, polo que quedou lonxe de acadar unha acta na corporación municipal viveirense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...