Darío Campos reforzou a súa maioría absoluta na Pontenova. O PSdeG ampliou a súa representación pasando de sete a oito edís e gobernará sen necesidade de acordos por terceira lexislatura. Os socialistas obtiveron 1.085 votos fronte aos 1.009 de 2015 o que supón un incremento de case once puntos no seu apoio electoral, do 59,6 ao 71,71 por cento.
O Partido Popular, liderado por David Álvarez, obtivo dous representantes fronte a tres dos pasados comicios, tras pasar de 420 a 276 sufraxios. O BNG de Xosé Luis Gutiérrez mantén un concelleiro aínda que tamén reduce os votos, de 233 a 136.