IniciosociedadeXogos, teatro e verbena animarán a Festa Castrexa de Burela, os días...

Xogos, teatro e verbena animarán a Festa Castrexa de Burela, os días 28 e 29 de xuño

A oitava edición dos festexos pechará un mes repleto na vila, que comezará coas patronais

Publicada o

- Advertisement -

A Festa Castrexa, os días 28 e 29, animará o mes de xuño en Burela, que ademais traerá música e teatro.

A cita comezará o venres 28, ás 21.30 horas, co desfile de clans. Ademais, haberá actuacións teatrais, queimada e verbena.

Na segunda xornada do evento, o sábado, haberá xogos castrexos na praia urbá desde as 12.00 horas, e a busca do Torques a partir das 17.00 horas. A noite rematará con orquestra.

OBRA CON ESTÍBALIZ VEIGA

As actividades do programa cultural do Concello arrincarán o 4 de xuño, con funcións de teatro en inglés para escolares que terán lugar nos CEIP Vista Alegre e Virxe do Carme.

O día 7 celebrarase o festival deste último centro, que se desenvolverá en horario escolar, e o día 20 será o encontro do Ceip Vista Alegre.

O día 14, o grupo Os Náufragos porá en escena a obra ‘Castrapo’ coa interpretación da coñecida actriz da Mariña Lucense Estíbaliz Veiga. Será ás 21.00 horas, na casa da cultura. O 19, a escola de música ofrecerá un concerto ás 20.00 horas.

SEGUEN AS PATRONAIS

Esta semana continúan as Festas Patronais de Burela. O mércores será o Karaoke infantil e xuvenil (20.30 horas), e o xoves a quenda dos adultos (21.00 horas).

O venres comezarán as verbenas, con Finisterre e París de Noia, e o sábado será o día da baixada ao porto, coa procesión (ao remate da misa, prevista para as 21.00 horas). Actuarán Israel e Garibaldi.

O día 2 será a procesión marítima (11.45 horas), con verbena a cargo de Ritmo Joven e Combo Dominicano. O 3 pecharanse os festexos coa subida, desde as 12.00 horas. Trébol e Panorama amenizarán a verbena.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...