InicioDeportesJuanma guiará tamén na Primeira División a nave do Burela FS

Juanma guiará tamén na Primeira División a nave do Burela FS

Técnico e directiva do Pescados Rubén traballan da man na confección do equipo que competirá na máxima categoría, tras unha brillante tempada coroada co ascenso

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS confiará de novo o timón do primeiro equipo masculino a Juanma Marrube, despois da brillante tempada 2018-2019, que lle valeu ao cadro burelao o regreso á Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS). Así, o técnico alfocego pilotará a nave laranxa tamén na máxima categoría.

Marrube e mailo club xa traballan no novo proxecto que competirá entre os mellores equipos do mundo do fútbol sala no curso 2019-20, tras pechar os últimos detalles da renovación do técnico coa entidade laranxa para a vindeira tempada.

Estou moi contento por seguir no club. Preséntase un horizonte moi bonito, pero ao mesmo tempo moi complicado. Regresamos á Primeira División, unha das máis duras das últimas tempadas; creo que vai haber unha competencia brutal” explica ‘o Mariskal‘, primeiro xogador franquicia da entidade laranxa e despois técnico exitoso que foi quen de acadar o ascenso.

A esa experiencia e fidelidade refírese o presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, quen afirma que “dende hai tempo xa o tiñamos claro. Juanma é unha peza imprescindible deste proxecto. Levamos dous anos traballando xuntos e é unha persoa da casa, coñece á perfección o club e a nosa base”.

“MANTERASE O BLOQUE”

Sobre o novo Burela FS, Blanco argumenta que “a nosa aposta é clara, xogadores da casa, galegos e sobre todo xente traballadora. Sabemos que temos un reto moi complicado por diante e a mellor forma para afrontalo é manter a filosofía destas dúas últimas tempadas”.

O adestrador alfocego lembra que “vai ser un cambio moi grande. Pasamos de ser campións de Segunda a ser o máis novo en Primeira. Co descenso, o club reestruturouse e planificouse cun bloque de xogadores con moita xuventude e experiencia, preparado para volver á máxima categoría. Estamos a formar un grupo sólido, ordenado e traballador. Maioritariamente o bloque manterase, aínda que como marca a lei natural do deporte haberá algún cambio, que sempre é necesario”, expuxo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...