IniciosociedadeA primeira Festa Mariñeira de Foz ofrecerá tapas, concertos, mercado e cantos...

A primeira Festa Mariñeira de Foz ofrecerá tapas, concertos, mercado e cantos de taberna

Nove locais de hostalería do porto participarán na celebración, do 14 ao 16 de xuño

Publicada o

- Advertisement -

Nove locais de hostalería do porto focego organizan, coa colaboración do Centro Comercial Aberto (CCA) e do Concello, a primeira Festa Mariñeira de Foz, que se celebrará do 14 ao 16 de xuño.

O evento foi presentado este mediodía con asistencia de varios empresarios, do alcalde en funcións, o popular Javier Castiñeira, e do presidente do CCA/Acia Foz, José Carlos Paleo.

Os nove bares do porto focense que se dan cita nesta primeira Festa Mariñeira son: O Muelle, A Funcional, O Lar, Rente ao Mar, A Rambla, A Viela, Fontao, A Rula e A Ribeira. Estes locais ofrecerán tapas elaboradas con produtos do mar durante as tres xornadas.

PROGRAMA

O venres comezarán os festexos co pregón, a cargo de Ton Otero, e música polos bares. O sábado os nenos desfrutarán de inchables e talleres mariñeiros e de maxia. Esa mesma xornada varios locais terán sesión vermú, con ambientación musical en directo. E a partires das sete haberá tres concertos, que serán ás sete, ás nove e ás once da noite.

Programa da festa. AXM

Xa o domingo cinco grupos serán os protagonistas dos Cantos de Taberna, que percorrerán os locais participantes neste evento. Actuarán dúas formacións de Foz e outras chegadas de Viveiro, San Cibrao e Cambre.

Durante os tres días desenvolverase un mercado na praza Conde de Fontao.

ANIMAN A VESTIRSE

Caxé, de Rente ao Mar, e os seus compañeiros hostaleiros animan á veciñanza “a disfrazarse de mariñeiros e redeiras, de pescantinas, de profesións relacionadas co mundo do mar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...