O Resurrection Fest abriu a sétima edición do Band Contest, o certame que permitirá aos grupos gañadores tocar no festival de rock, que se celebrará do 3 ao 6 de xullo.
O concurso constará de varias fases. Na primeira delas, a organización fará un filtrado de 15 bandas que pasarán á final sen importar as súas redes sociais nin o grupo de amigos.
Na final haberá votacións que se realizarán vía Facebook e tamén outorgará puntos un xurado especializado.
As tres bandas que obteñan un maior número de votos terán un sitio no festival, un referente a nivel europeo dos encontros de hard rock, punk e heavy metal. Podes consultar as bases do concurso aquí.
CARTEL DE LUXO
Os gañadores poderán formar parte dun cartel no que sobresaen nomes como Slipknot, a célebre banda estadounidense das máscaras, Slayer -que se despedirán de España en Celeiro-, Within Temptation, Parkway Drive, King Diamond, Gojira ou Lamb of God.
ENTRADAS PARA VIVEIRENSES
As entradas para os censados en Viveiro siguen á venda nos claustros de San Francisco, pero só estarán dispoñibles a partir de agora os mércores de mañá.