InicioCultura(VÍDEO) Coñece a curtametraxe do CEP Lois Tobío premiada a nivel internacional

(VÍDEO) Coñece a curtametraxe do CEP Lois Tobío premiada a nivel internacional

A peza 'Abre tu mente', sobre a diversidade funcional, recibiu o primeiro premio na categoría de primaria do certame de Cinedfest

Publicada o

- Advertisement -

O CEP Lois Tobío gañou o primeiro premio na categoría de primaria do Certame Internacional de Curtametraxes que organiza o Festival Educativo de Cine (Cinedfest).

O alumnado de quinto B, baixo a tutela da titora Magda Álvarez e con música de Bruno Álvarez, realizou a curta ‘Abre tu mente‘, que aborda temáticas como a diversidade e a inclusión. Aquí podes ver a obra completa.

MÁIS DE 500 OBRAS

O xurado profesional do certame de creación audiovisual valorou a historia, os planos, as localizacións, o guión ou a escaleta da curtametraxe. Case 550 pezas concorreron ao concurso. 

FELICITACIÓN DO CONCELLO

A alcaldesa en funcións, a socialista María Loureiro, asegurou que para o Concello de Viveiro “é unha honra que un centro educativo do noso municipio reciba este premio debendo destacar, ademais, a temática escollida. Consideramos que este tipo de accións son fundamentais para sensibilizar á sociedade sobre a diversidade funcional”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...