IniciosociedadeAniman a alcaldes e edís do Eo-Navia a xurar os cargos en...

Animan a alcaldes e edís do Eo-Navia a xurar os cargos en galego-asturiano

Iniciativa Pol Asturiano cre que se trata dunha maneira "útil e sinxela" de promocionar o idioma

Publicada o

- Advertisement -

O colectivo Iniciativa pol Asturianu animou este luns a os concelleiros e alcaldes do Occidente de Asturias a usar o galego-asturiano no xuramento ou promesa da toma de posesión dos seus cargos.

A iniciativa enmárcase nunha petición aos 928 edís e 78 alcaldes dos municipios do Principado de que usen as linguas propias -o asturiano, ou no galego-asturiano na súa zona- no acto institucional.

“Este xesto simbólico é unha boa forma de comezar os mandatos das corporacións, tendo presente as linguas propias de Asturias”, sostivo a agrupación a través dunha nota de prensa.

O colectivo lembra que a lexislatura “é un bo momento para poñer en práctica unha das ferramentas máis útiles e sinxelas de darlle promoción ao idioma, usalo de xeito normal por parte dos representantes públicos“.

NORMALIZACIÓN

Este xesto, argumenta o colectivo, “ten que acompañarse desde o primeiro día con medidas e iniciativas enfocadas a mellorar a situación do asturiano e o galego-asturiano no ámbito municipal, onde é necesario usar as linguas, recuperar e oficializar a toponimia tradicional, aprobar ordenanzas de normalización ou poñelas en marcha alí onde existen”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...