A praia das Catedrais ou Augas Santas segue a confirmar a súa fama e vén de ser elixida como o terceiro areal máis fermoso de España, segundo o resultado dunha enquisa que a sección de viaxes do diario El País realizou entre os internautas.
A consulta popular de ‘El Viajero‘ situou á praia de Ribadeo no podio entre as máis belas do Estado.
No seu texto, o xornalista José Peral cualifica o areal de “portento da Mariña Lucense” e asegura que “un non sabe que admirar máis nesta catedral mariña, se as oito arcadas de pizarra que queren ser arquivoltas góticas, o espazo das covas, o impoñente arco que nos recibe á entrada -e que ameaza ruína segundo os xeólogos– ou as formas que deixa o mar ao roer a base dos cantís“.
A GAÑADORA, EN TARIFA
A ensenada de Bolonia, na localidade gaditana de Tarifa, resultou gañadora da enquisa, mentres que a praia de Rodas, en Vigo, obtivo o segundo posto. Galicia acolle seis das 25 primeiras clasificadas.