Dous tripulantes do pesqueiro Daniel y Manuel, con base en Burela, foron rescatados na mañá deste luns fronte á costa de Tapia de Casariego.
Segundo informou Salvamento Marítimo, a embarcación afundiuse a 10,5 millas náuticas ao noroeste da ría de Navia.
O pesqueiro Río Xunco foi o primeiro en acudir á chamada de auxilio dos dous mariñeiros, que enviaron a sinal de alerta ás 8.02 horas ante o risco de afundimento da embarcación na que faenaban. O rescate consumouse sobre as 8.39.
El pesquero Río Xunco rescata a los 2 tripulantes del pesquero Daniel y Manuel hundido 10,5mn NW de la ría de Navia. Posteriormente, el helicóptero Helimer 222 los trasladó a El Musel. Desde allí una ambulancia los llevó al Hospital de Jove con síntomas de hipotermia
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) 1 de xullo de 2019
NA CASA
Posteriormente, o helicóptero Helimer 222 trasladounos a El Musel, desde onde unha ambulancia os levou ao Hospital de Jove xixonés con síntomas de hipotermia.
Un dos mariñeiros presentaba ademais un problema nun costado.
Segundo confirmou o patrón maior de Burela, Basilio Otero, os dous mariñeiros están xa nas súas casas, sen problemas graves de saúde.
AS CAUSAS, DESCOÑECIDAS
A embarcación Salvamar Capella verificou in situ que o pesqueiro se afundiu. Polo de agora descoñécense as causas que xeraron o naufraxio.