InicioCulturaO festival MindoMúsica levará ao escenario partituras de Pascual Veiga ou José...

O festival MindoMúsica levará ao escenario partituras de Pascual Veiga ou José Pacheco

O certame de música de cámara, do 9 ao 12 de xullo, ofrecerá concertos nos que obras dos compositores locais locirán xunto ás de Schumann ou Mozart

Publicada o

- Advertisement -

O festival MindoMúsica de música de cámara, que se celebrará na cidade episcopal entre o 9 e o 12 de xullo, levará ao escenario partituras que se conservan no arquivo da catedral de compositores locais como Pascual Veiga ou José Pacheco.

A violinista mindoniense Rebeca Maseda, co apoio do Concello, impulsa unha cita na que tamén participarán Antonio Viñuales –violín-, Alberto Rodríguez –viola-, Iván Siso –violoncello-, Yolanda Fernández –clarinete- e Rosalía Gómez –piano-.

A iniciativa pretende revalorizar os grandes compositores mindonienses a través do estudo, interpretación e adaptación da súa música.

O festival contará con dúas partes diferenciadas. Por unha banda, entre o martes 9 e o mércores 10 desenvolveranse unha serie de coloquios, clases interactivas e ensaios abertos aos máis pequenos no marco da programación de campamentos de verán da Escola Municipal de Música.

Por outro lado, o xoves 11 e o venres 12 desenvolveranse os ensaios xerais e dous concertos.

CONCERTOS

Os recitais terán lugar en dous escenarios: a catedral de Mondoñedo e o auditorio municipal Pascual Veiga, respectivamente.

Ambos recitais comezarán ás 20.30 horas e a entrada será de balde ata completar aforo. O primeiro, denominado ‘Unha viaxe de ida e volta’, desenvolverase na catedral e contará con música de Mozart, Webern, Turina e obras conservadas no Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo.

No segundo, ‘Xenialidades varias’, os músicos participantes tocarán no auditorio municipal pezas de Gaos, Schumann e Prokofiev.

DIVULGACIÓN

O concelleiro de educación, cultura e novas tecnoloxías de Mondoñedo, Alberto García, remarcou a “importancia e responsabilidade que temos en investigar e manter viva a interpretación musical de compositores mindonienses poñendo énfase na súa produción musical nun evento destas características”.

Así, agradeceu a Maseda “a súa iniciativa de intentar que as partituras e manuscritos que se conservan no arquivo da catedral se leven ao escenario e dalos así a coñecer ao público”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...