InicioEconomíaAcordo entre Alcoa e sindicatos para a venta das plantas da Coruña...

Acordo entre Alcoa e sindicatos para a venta das plantas da Coruña e Avilés a Parter

O Goberno central celebra que a oferta do fondo suízo "garante o emprego", alomenos durante 24 meses, a 600 familias

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa (Peme), Raül Blanco, anunciou na mañá deste venres que os sindicatos e Alcoa alcanzaron un acordo para a venta das plantas de Avilés e A Coruña ao fondo suízo Parter.

Blanco asegurou que non se pechará ningunha das dúas plantas nin se perderá ningún emprego. “O investidor garante un futuro industrial para máis de 600 familias pendentes“, expuxo o dirixente do Goberno central, que expresou a súa satisfacción pola consecución esta madrugada dun acordo despois de doce horas de reunión e meses de negociacións.

A EXPENSAS DO FINANCIAMENTO

Segundo expuxo Blanco, Parter ten a vontade de ir “máis aló dos 24 meses acordados” ate agora. A venta ou a aplicación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) quedan a expensas a que o fondo suízo atope financiamento e ofreza garantías a Alcoa antes do 31 de xullo, aínda que neste momento “non se contempla”, sostivo, a posibilidade do despedimento colectivo.

Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...