InicioCulturaO Resurrection bateu o seu récord de asistencia con 102.053 entradas vendidas

O Resurrection bateu o seu récord de asistencia con 102.053 entradas vendidas

Só algo máis de 1.000 dos abonos se venderon a empadroados en Viveiro, o que demostra o impacto turístico do festival

Publicada o

- Advertisement -

A décimo cuarta edición do Resurrection Fest bateu récord de asistencia cun total de 102.053 entradas vendidas ao longo dos catro días que durou o festival, desde o mércores ata o pasado sábado.

O evento superou así as expectativas da organización, que -coa presenza no cartel de grupos como Slipknot ou Slayerprevía recibir a 100.000 persoas.

O festival congregou no 2018 a 81.352 asistentes, unha cifra inferior á de 2017, cando se achegaron a Celeiro 86.475 seguidores, pero superior á do 2016, que reuniu a 80.542 persoas. Así pois, a edición de 2019 foi con diferenza a máis multitudinaria.

Segundo confirmou o Concello nunha rolda de prensa sobre os resultados do dispositivo de seguridade deseñado para o festival, vendéronse a empadroados no municipio algo máis de 1.000 abonos para a cita, o que fala do importante impacto turístico que ten o Resurrection Fest para Viveiro e a comarca da Mariña Lucense.

“EMPATÍA MUTUA”

O goberno local emitiu este martes un comunicado no que valorou que “a edición máis multitudinaria rematase sen incidentes graves“. O Resu é “un fenómeno sociocultural de gran magnitude”, segundo subliñou a alcaldesa, a socialista María Loureiro.

O executivo municipal resaltou o “intenso traballo desenvolto tanto polos corpos de seguridade como pola propia organización do festival”.

Ademais, subliñou o esforzo “do persoal do Concello e das empresas concesionarias”, e a “empatía mutua” entre visitantes e veciños, que mostraron “a súa amabilidade e tolerancia” malia que o festival, polo seu tamaño, altera a vida diaria con cortes de tráfico, accesos restrinxidos ou ruídos.

147 CONDUTORES DAN POSITIVO POR ALCOL OU DROGAS

Un total de 147 conductores foron interceptados pola Garda Civil por consumir alcol ou drogas nos controis instalados con motivo do dispositivo especial de seguridade vial ubicado en Viveiro e outros puntos da Mariña Lucense con motivo da celebración do Resurrection Fest.

Segundo informou a Benemérita a Efe, 27 condutores superaron a taxa de alcol permitida pola lei nos controis de estrada. Tres deles foron imputados como investigados por un delito contra a seguridade vial. Outros 120 deron positivo por consumo de drogas.

Ademais, durante este operativo especial, foi interceptado un condutor que perdera todos os puntos do seu permiso, polo que os axentes instruíron dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

No citado operativo de seguridade, os axentes da Garda Civil identificaron a un total de 2.000 persoas, que ían a bordo de 270 turismos e autobuses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...