IniciosociedadeVisitas teatralizadas e concertos vestirán o Mercado Renacentista para que sexa de...

Visitas teatralizadas e concertos vestirán o Mercado Renacentista para que sexa de Interese Turístico

Recitais con repertorio e instrumentos da época renacentista e percorridos polo casco con Suso Martínez sumaranse ao desembarco para afondar no contido cultural da festa

Publicada o

- Advertisement -

Varios actos culturais vestirán o Mercado Renacentista de Viveiro, que se celebra esta fin de semana, para acadar a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Así o avanzaron a alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, e a edil de cultura, Lara Fernández-Noriega.

Unha das novidades desta edición será unha visita teatralizada nocturna polo Viveiro renacentista a cargo do historiador Suso Martínez, o guía dos percorridos polo casco histórico da Semana Santa. O sábado e o domingo, en ambos casos ás 11.00 horas,

Ademais, Martínez participará no desembarco (venres, 21.00 horas) caracterizado como Juan Ares Vizoso, procurador xeral da cidade de Viveiro, a persoa encargada de decidir cal das catro linaxes (Vizoso, Páez de Cora, Alfeirán e Gallo) debía ostentar o mando da vila.

Como nos últimos tres anos, o desembarco ofrecerá un vistoso espectáculo teatral tanto nos Castelos, na praia de Covas, como posteriormente na Praza Maior. Recrearano de forma desinteresada os veciños, a través de asociacións e colectivos como Sala 5, Piedad, Pequenos Pasos de Landrove, Teatro Crea, Cabaleiros de ViveiroAndanzas e Bágoas da Terra.

Programa completo. AXM

Para amenizar a espera por Carlos V, que recreará Víctor Rolle, haberá xogos populares de 18.00 a 20.00 horas. Tamén haberá exhibición de xustas, a cargo de Legen Especialistas.

ESTE MÉRCORES, INICIO

Ademais, o programa cultural do evento comezará o mércores, cun concerto (21.00 horas, claustros de San Francisco) a cargo do coro Tempus Fugit coa colaboración do gaiteiro David Bellas.

O nome do espectáculo, que constará dun repertorio renacentista, é ‘La Vida Bona‘. A Xunta de Confrarías da Semana Santa colaborará para que a iluminación do evento transporte á mencionada época. “Cremos que será algo especial”, indica a edil de cultura.

Ademais, o xoves haberá outro recital (20.30 horas, Pastor Díaz), ‘O son do tempo‘, neste caso ofrecido por Lucus Ensemble. A formación profesional quitará melodías dos instrumentos medievais do arquivo do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Deputación de Lugo.

“DAR A COÑECER A ÉPOCA”

Segundo expón Fernández-Noriega, o Concello quere “dar a coñecer a cultura renacentista, que a veciñanza e os turistas saiban que había na época que estamos a celebrar”.

Para a obtención da distinción, a Xunta de Galicia esixe un determinado número de edicións, a realización de reportaxes socioculturais nos medios de comunicación, integrar as asociacións culturais na festividade ou a existencia dunha historia detrás dos festexos. O Concello quere ir pouco a pouco cumprindo os requisitos para poder facer a solicitude.

“UNHAS 2.000 PERSOAS” NAS COMIDAS DO CASCO

No tocante ás comidas no casco histórico de Viveiro, o sábado, un dos principais sinais de identidade da festa, o Concello prevé que participen arredor de 2.000 persoas, para o que facilitará bancos e mesas.

A intención do goberno local, que xa transmitiu aos solicitantes, é que nas arterias principais do conxunto histórico se recollan as mesas a partir das 19.00 horas. Noutras rúas de menor afluencia poderán realizarse as habituais ceas.

Ademais, habilitaranse baños públicos nos xardíns de Noriega Varela. O Concello pide civismo aos participantes e que utilicen o servizo ante as aglomeracións que se soen dar nos lavabos dos establecementos de hostalería.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...