InicioM.ambiente e PatrimonioPrognostican un verán con presenza "masiva" de velutina tras cazar máis de...

Prognostican un verán con presenza “masiva” de velutina tras cazar máis de 2.400 raíñas en cinco concellos

A empresa viveirense Serpa despregou esta primavera o seu trampeo nos municipios do Valadouro, Viveiro, Burela, Foz e Muras

Publicada o

- Advertisement -

Avecíñase un verán cunha presenza “masiva” de velutina. Esta é a advertencia que lanza a empresa viveirense Servicios Privados Antivelutina (Serpa), especializada na loita contra a vespa asiática.

Despois de tres meses sobre o terreo, despregando trampas para capturar raíñas, o xerente da compañía, José María Vázquez, amósase convencido de que “en 15 ou 20 días” producirase “unha eclosión brutal” nos lugares onde non se fixo ningún traballo preventivo.

“Esta primavera déronse as condicións climatolóxicas idóneas para que se espallasen as velutinas e houbo moita floración, froita e mel”, argumenta. “Polo de agora son pequenas, pero a medida que medren irase notando moito máis no ambiente”, prognostica.

CASE 1.000 EXEMPLARES EN VIVEIRO

A empresa manexa datos concretos sobre os cinco concellos lucenses para os que traballa. Entre o quince de marzo e o quince de xuño, capturaron 996 raíñas no concello de Viveiro (109 quilómetros cadrados de superficie) 472 no Valadouro (110 quilómetros cadrados) e 253 en Burela (8,2 quilómetros cadrados).

Nos municipios de Foz (100 quilómetros cadrados) e Muras (164 quilómetros cadrados), onde só actuaron no últimos mes e medio, do 1 de maio ao 15 de xuño, catalogaron 243 e 463 raíñas, respectivamente.

EVITOUSE A PRESENZA “DE 48 MILLÓNS”

Así, Serpa documentou a captura nestes cinco municipios dun total de 2.427 raíñas. Segundo as súas estimacións, cada unha produciría ata 20.000 obreiras, polo que o trampeo tería evitado a presenza de 48 millóns destes insectos neses municipios.

Fronteiras administrativas e humanas que non son naturais polo que Vázquez incide na necesidade de que estas accións preventivas se extendan ao resto do territorio.

José María Rodríguez, en tarefas de trampeo. AXM

ESTUDO PREVIO

Segundo explican, a efectividade do trampeo depende dun estudio previo en que se teñen en conta diferentes factores para decidir a ubicación e as características idóneas do engado en cada caso.

Logo, os operarios fan un seguimento exhaustivo da trampa, que manteñen localizado a través dun dispositivo de GPS.

O empresario pon como exemplo dos bos resultados logrados no Valadouro, onde traballan co Concello na contención da praga por segundo ano consecutivo.

“As 472 raíñas catalogadas este ano son practicamente a metade das capturadas en Viveiro, que ten unha superficie semellante”, contrastan.

“Os estudos que se están realizando en universidades e noutros centros de investigación darán froitos no futuro pero a curto e medio prazo o obxectivo ten que se controlar a praga“, expón.

FALTA “FORMACIÓN” PARA OS VECIÑOS

“Con formación para os veciños, trampeo profesional e unha retirada express dos niños pódese reducir ata o 80 por cento a presenza de velutina”, sostén Vázquez que colabora con outros 36 concellos de Asturias, Cantabria e Euskadi.

Na pasada campaña, a incidencia da velutina no Valadouro “reduciuse ao máximo”. En 2017, retiráranse 400 niños mentras que en 2018, despois do trampeo realizado na primavera, só se localizaron 73.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...