InicioPolíticaA Xunta anuncia as obras de mellora das estacións de Burela, Ribadeo...

A Xunta anuncia as obras de mellora das estacións de Burela, Ribadeo e Viveiro para finais de ano

A alcaldesa de Viveiro queixouse de que "nin o goberno local nin a corporación" foran convidados á presentación realizada na localidade pola conselleira Ethel Vázquez

Publicada o

- Advertisement -

As obras de mellora e renovación das estacións de autobuses de Burela, Ribadeo e Viveiro comezarán a finais de ano, segundo a conselleira de Infraestruturas.

Ethel Vázquez fixo esta previsión este venres en Viveiro onde anunciou a apertura do prazo para que as empresas presenten as ofertas para executar os traballos.

O investimento, segundo a Xunta, será de 70.300 euros en Burela, de 140.400 euros en Ribadeo e de 221.300 euros en Viveiro. As actuacións terán un prazo de execución de catro meses.

O concurso público tamén inclúe melloras nas estacións de Sarria e Monforte, con partidas de 161.800 e 221.300 euros.

Vázquez precisou que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas para realizar este contrato ata o vindeiro 8 de agosto.

ACTUACIÓNS PREVISTAS

O contrato prevé reparacións puntuais e melloras nas cubertas deste cinco terminais de autobuses da provincia, coa renovación de pavimentos, principalmente onde están máis desgastados.

Tamén se inclúen melloras nas instalacións eléctricas e na iluminación, o arranxo de falsos teitos e aseos e a dotación de equipamento, como pantallas de información ou novo mobiliario para facer máis cómoda a espera.

A ALCALDESA PEDIU “RESPECTO INSTITUCIONAL”

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mostrou o seu malestar porque “nin o goberno local nin a corporación municipal” recibiron “comunicación oficial” sobre a presentación.

A rexedora queixouse de que a Xunta de Galicia só “convidara ao acto” aos edís do Partido Popular e reclamou “respecto institucional” cara o resto dos membros dos representantes das veciñas e veciños.

“Alegrámonos das obras que se anunciaron, pois a estación de autobuses de Viveiro necesita un mellora, pero creo que a alcaldesa e os concelleiros debíamos ter coñecemento destas obras en primeira persoa e non a través dos medios de comunicación”, concluíu

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...