Foz e San Cibrao celebraron este 16 de xullo, como cada ano, a festividade na honra da Virxe do Carme, na que estas dúas vilas da Mariña Lucense reivindicaron o pasado mariñeiro que contribuíu á súa consolidación.
SAN CIBRAO
En San Cibrao, celebrouse a tradicional misa no peirao e a ofrenda floral dedicada aos falecidos no mar, a cargo de Julia Moscoso. A continuación, realizouse a habitual procesión cara a igrexa sobre os tapices florais. O branco, o azul e o amarelo dos panos dominaron as cores dos participantes na comitiva.
FOZ
O branco e mailo azul tamén encheron de luz a vila focega. Das cores encargáronse as alfombras florais, as obras de arte efímero elaboradas para a ocasión pola veciñanza.
O canto da ‘Salve Mariñeira‘ foi de novo un dos momentos máis emotivos da celebración en Foz.