A néboa volveu impedir a circulación na Autovía do Cantábrico (A-8) ao seu paso por Mondoñedo.
Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a autovía quedou cortada en ambos sentidos da circulación no Alto do Fiouco, entre os municipios lucenses de Abadín e Mondoñedo, desde as 9.19 horas e permanecía inhabilitada á hora de peche desta información.
O corte total do tráfico afecta o treito entre os quilómetros 536 e 552, de xeito que a Garda Civil habilitou os desvíos alternativos a través da estrada Nacional 634.
CINCO ANOS DO ACCIDENTE MORTAL
Nunha semana, o vindeiro 26 de xullo cumpriranse cinco anos do accidente múltiple cunha vítima mortal que alertou sobre os problemas de visibilidade neste treito da infraestrutura, inaugurado cinco meses antes, sen que se lle desen solución.