InicioPolíticaOtero ofrécelle a Arias ser vicesecretario xeral do PSOE lucense

Otero ofrécelle a Arias ser vicesecretario xeral do PSOE lucense

Os dous candidatos á secretaria xeral do partido socialista na provincia fanse ofertas a 24 horas de que os militantes voten nas primarias

Publicada o

- Advertisement -

EFEA menos de 24 horas de que os militantes socialistas de Lugo elixan o futuro secretario xeral do PSdeG-PSOE nesta provincia, unha das candidatas, a deputada autonómica Patricia Otero, insistiu na súa oferta de integración de ambos proxectos. A burelá confirmou que lle ofrecía ao seu rival a posibilidade de ser o número dous do partido, concretamente vicesecretario xeral.

En declaracións a Efe, Otero asegurou que Xosé Marías Arias vai “por detrás” na súa oferta de integración, dado que ela mesma foi a primeira en ofrecerlle a posibilidade de formar parte da súa executiva, primeiro como secretario de Medio Rural e logo como vicesecretario xeral.

1.800 SOCIALISTAS LUCENSES, CHAMADOS A VOTAR

Otero recoñeceu “a boa traxectoria” de Arias como alcalde de Castroverde “despois de tantos anos”, polo que, ao seu xuízo, sería “unha peza boa” para a executiva que ela espera dirixir a partir de mañá, cando voten os 1.800 militantes do partido en Lugo. Máis información en Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...