InicioSucesosUnha muller falece en Viveiro ao caer desde un segundo piso a...

Unha muller falece en Viveiro ao caer desde un segundo piso a un patio interior

O accidente mortal aconteceu sobre as 09.30 horas, nunha vivenda da Avenida de Ferrol

Publicada o

- Advertisement -

Unha anciá faleceu na mañá deste venres no municipio lucense de Viveiro tras precipitarse desde un segundo piso a un patio interior.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 9.30 horas da mañá nunha vivenda da Avenida de Ferrol, cando varias persoas alertaron da caída dunha muller ao patio interior do edificio.

A VÍTIMA, DE IDADE AVANZADA

Ata o lugar do suceso desprazáronse os Bombeiros de Viveiro, que accederon á zona a través doutra vivenda e rescataron á muller, de idade avanzada, segundo indicaron. A vítima foi asistida polo 061, pero os profesionais do servizo de emerxencia non puideron facer nada por salvar a súa vida.

No operativo participaron tamén axentes da Policía Nacional, da Policía Local e de Protección Civil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...