IniciosociedadeTres axentes incorpóranse á Policía Nacional de Viveiro

Tres axentes incorpóranse á Policía Nacional de Viveiro

As incorporacións aliviarán en parte a falta de persoal na comisaría, que afrontará o verán sen alumnado de prácticas

Publicada o

- Advertisement -

A comisaría da Policía Nacional de Viveiro conta con tres axentes máis desde esta semana. Así o anunciou a subdelegada do Goberno central, Isabel Rodríguez.

Estes tres policías chegan a Viveiro por promoción interna, tralo concurso xeral de méritos. Trátase de tres funcionarios de escala básica que se incorporan á comisaría.

CRÍTICAS DOS SINDICATOS

O seu ingreso aliviará en parte o problema de escaseza de persoal que afronta o posto. No pasado mes de xuño, os sindicatos denunciaron que a comisaría contaba con 50 axentes cando precisaría 68.

Unión Federal de Policía (UFP) e Justicia Policial (Jupol) lamentaron que o Executivo central non asignase ningún axente en prácticas á comisaría viveirense, asegurando que se precisaría “un mínimo de catro” para afrontar o verán, un período no que a multiplicación da poboación na Mariña Lucense aumenta a cantidade de traballo.

Xustamente, Rodríguez anunciou a incorporación dos tres axentes na presentación dos policías en prácticas que se formarán durante un ano na comisaría de Lugo -dez, por ningún de Viveiro e Monforte-.

O GOBERNO ADMITE O DÉFICIT

A subdelegada do Goberno central admitiu que “compartimos cos sindicatos de policía a preocupación polo déficit de persoal, un problema que herdamos tralos recortes do anterior Goberno, e que traballamos para superar coa convocatoria de novas prazas”.

Así, salientou que o Goberno “publicou o pasado martes no Boletín Oficial do Estado a relación de 2.900 aprobados na oposición para ingreso na Policía, que agora deberán facer o correspondente curso de formación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...