IniciosociedadeFoz colocará un radar desde o mércores en rúas e accesos da...

Foz colocará un radar desde o mércores en rúas e accesos da vila

O Concello anuncia unha campaña de controis de velocidade que se desenvolverá "en varios días" de xullo e agosto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz colocará un radar desde o vindeiro mércores, 24 de xullo, en varias rúas e accesos ao núcleo urbán.

Así o anunciou a través dun comunicado de prensa o alcalde, o socialista Fran Cajoto, que informou de que o radar non será visible e que se ubicará en distintos puntos, “primando aqueles que presentan unha maior perigosidade para a circulación”.

O ALCALDE NEGA “AFÁN RECADATORIO”

O rexedor argumenta que a medida “non é recadatoria en ningún caso, por iso queremos anunciar en todos os medios de comunicación o inicio da campaña, que se desenrolará en varios días”.

CAJOTO PIDE PRECAUCIÓN

Cajoto considera que “é necesario concienciar a tódolos veciños e visitantes que hai que respectar os límites de velocidade e as indicacións de Policía Local e Garda Civil, especialmente en datas de gran aglomeración de xente como son os meses de xullo e agosto”.

Desde o Concello apelan a extremar as medidas de precaución nas rúas e a evitar malos hábitos como o uso do teléfono móbil mentres se conduce.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...