InicioCulturaSargadelos homenaxea aos Beatles na súa nova peza, o submariño Elesede-51

Sargadelos homenaxea aos Beatles na súa nova peza, o submariño Elesede-51

Trátase dunha chiscadela ao célebre 'yellow submarine' dos 'Fab Four', que quitaron o single e máis a película do mesmo nome no verán de 1968

Publicada o

- Advertisement -

Sargadelos anunciou este venres, a través dun comunicado, a creación dunha nova peza, o submariño Elesede-51, coa que a marca homenaxea aos Beatles.

Trátase dunha chiscadela ao célebre ‘yellow submarine‘ dos ‘Fab Four‘, que quitaron o single e máis a película do mesmo nome no verán de 1968, 51 anos atrás.

PINK FLOYD XA TIÑA A SÚA

A marca afincada en Cervo e Sada rende así tributo á cultura pop dos anos 60, nos que a mocidade tentou “abrir novos camiños á liberdade co seu entusiasmo pola vida e a súa paixón pola música”.

A nova peza de Sargadelos viría a continuar o recoñecemento aos grandes grupos de pop e rock, dado que no 2016 quitou ao mercado Psicodelia, unha homenaxe a Pink Floyd.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...