InicioM.ambiente e PatrimonioMondoñedo subvencionará o adecentamento de fachadas no casco histórico, San Lázaro e...

Mondoñedo subvencionará o adecentamento de fachadas no casco histórico, San Lázaro e Os Muíños

A administración local achegará o 40% das actuacións subvencionables para pintura de inmobles e con materiais tradicionais, cunha contía máxima de 5.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo subvencionará o adecentamento de fachadas para vivendas dentro do ámbito da Área de Rehabilitación do Casco Histórico e os barrios de San Lázaro e Os Muíños.

Así o anunciou a alcaldesa, a popular Elena Candia, quen explica que estas axudas, que se conceden en réxime de concorrencia non competitiva, con fondos do Galicia Parabéns, dispoñen dun orzamento total de 30.265 euros.

A administración local achegará o 40% do custo das actuacións subvencionables para pintura de inmobles e con materiais tradicionais.

Segundo esta premisa, e malia que a contía máxima que percibirán os beneficiarios, en calquera dos casos, será de 5.000 euros, poden recibir o 80% do custe da actuación ao seren subvencións compatibles, segundo remarca Candia, coas axudas de rehabilitación.

PRAZO ATA O 15 DE OUTUBRO

As bases, que amparan a súa concesión, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.

Polo que respecta á presentación de solicitudes, estas deberán dirixirse á oficina de rehabilitación e presentaranse no rexistro xeral da entidade local.

O prazo para formalizalas comeza o día seguinte ao da publicación no BOP e manterase aberto ata o 15 de outubro de 2019.

“EMBELECER” A CIDADE

A rexedora local convida aos residentes nestas zonas a “animarse a pedilas”, pois esta iniciativa, que impulsa o Concello, constitúe “unha boa oportunidade para embelecer a nosa cidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...