InicioDeportesO Heroes do Orzán arrinca con 66 equipos participantes

O Heroes do Orzán arrinca con 66 equipos participantes

A Fundación Imdecum e mailo Concello de Burela presentaron un libro-guía do torneo

Publicada o

- Advertisement -

O Memorial Heroes do Orzán arrinca este mércores e prolongarase ata o día 1 de xullo en cinco sedes da comarca: Burela, Foz, Cervo, Xove e Viveiro. Participarán un total de 66 equipos -pertencentes a 21 clubs en todas as categorías de base, desde prebenxamíns ata xuvenís. Os aspirantes proceden das comunidades de Madrid, Castela e León, Asturias e das catro provincias galegas.

A xornada deportiva comeza ás 17.30 horas en Burela –Vista Alegre e Monte Castelo-, Viveiro, Foz e San Cibrao. Podes consultar os horarios e sedes de todos os encontros aquí. CalendarioMemorial18-AM

PUBLICACIÓN

O Concello de Burela e a Fundación Imdecum, organizadora do evento, presentaron o libro-guía do memorial, que repasa a traxectoria das seis edicións anteriores do torneo de fútbol sala base e rende homenaxe aos policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, falecidos en 2012 nunha tentativa de rescate na praia do Orzán.

Isabel Lozano, nai do burelés Rodrigo Maseda Lozano, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o edil de deportes, Ramiro Fernández, e o presidente de Imdecum, Marcelino Luna, participaron na presentación do documento, que en 150 páxinas recolle información dos equipos participantes, da historia do trofeo e tamén turística da comarca da Mariña. Fátima Ríos, responsable do deseño e maquetación, e o redactor, Ramón González Rey, acudiron tamén ao acto, no consistorio burelés.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...