IniciosociedadeRibadeo, con 13 socorristas dos 17 que precisa tras tres convocatorias, insta...

Ribadeo, con 13 socorristas dos 17 que precisa tras tres convocatorias, insta á Xunta a “tomar nota”

O goberno ribadense salienta que faltan vixilantes malia que subiu os salarios e lembra que se trata dun problema "común" a todos os concellos costeiros, "sexa cal sexa a cor política"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Ribadeo instou á Xunta de Galicia a adoptar as medidas necesarias para que os municipios teñan a posibilidade de contratar aos socorristas que precisan para garantir a seguridade nas súas praias durante os meses de verán.

O concelleiro de medio ambiente, Jorge Díaz, asegurou que neste municipio da Mariña Lucense o executivo local sempre “tentou facer as cousas ben” e “subiu os salarios”, pero aínda así non conseguiu cubrir todas as prazas necesarias para vixilar os seus areais.

“Pagamos máis ca ninguén e sacamos tres convocatorias, pero hai cousas ás que non podemos chegar”, dixo o edil, quen recoñeceu que neste momento o Concello dispón de 13 socorristas, cando serían necesarios uns 17.

A Xunta debe “tomar nota”, dixo o concelleiro, porque se trata dun problema “común a todos os municipios costeiros, de calquera cor política“, dado que esta situación “non só se produce en Ribadeo”.

SIMULACROS DE RESCATE

Os socorristas de Ribadeo realizaron neste xoves dous simulacros de rescate para mellorar a súa competencia e a capacidade de resposta nas praias das Catedrais e Os Castros-As Illas. Os supostos foron os mesmos: dúas persoas en apuros na auga, ás que estaba a arrastrar a corrente.

Nas Catedrais participaron catro socorristas, un técnico sanitario e o coordinador, que empregaron “pouco máis de tres minutos” en quitar da auga ás vítimas. O concelleiro destacou “o esforzo” dos profesionais “para estar preparados para unha emerxencia” dado que a situación “é complexa“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...