O centro de día de oncohematoloxía do Hospital da Costa obtivo unha certificación ISO polo seu sistema de xestión de riscos para aumentar a seguridade do paciente. A Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor) expede este certificado.
A reducción de erros na asistencia, o aumento na probabilidade de detectalos, o establecemento de accións para a súa redución e prevención e para mitigar as súas consecuencias, son algúns dos factores analizados por Aenor, que premia unha atención libre de danos evitables.
O Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) e o Hospital de Monforte tamén acadaron este certificado, que entregou o director de Aenor Internacional na Rexión Atlántica, Martín Pita López. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo (EOXI), Cervo e Monforte, Ramón Ares Rico, asistiron ao acto, no Hula.