EFE. A Mariña Lucense rexistrou unha ocupación hostaleira media do 85% ao longo do pasado mes de xullo, segundo os datos facilitados pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).
A comarca foi o segundo destino da provincia con máis visitantes, despois da Ribeira Sacra, onde os aloxamentos estiveron ao 93,2%.
O informe da patronal hostaleira indica que “os datos confirman a liña ascendente de negocio neste período”.
MÁIS VISITANTES PROCEDENTES DE ASIA
No tocante ao balance, os hostaleiros consultados coincidiron á hora de afirmar que a maioría dos visitantes procedían “de diferentes partes do propio territorio nacional”. Ademais, notaron que está a aparecer un novo perfil de turista chegado “de Corea e China“.
Aphel tamén fai un previsión de cara á ponte de agosto, entre os días 15 e 18, cando agarda que os establecementos da comarca acaden unha ocupación do 95%. Podes ler a noticia completa en Lugo Xornal.