InicioCulturaNuria Lestegás, unha xovense no Festival de Locarno

Nuria Lestegás, unha xovense no Festival de Locarno

A música forma parte do elenco de 'Longa Noite' do director meirego Eloy Enciso, a primeira produción en galego na sección internacional do certame suízo

Publicada o

- Advertisement -

O prestixioso Festival de Locarno proxecta este martes o filme Longa Noite (Endless Night), dirixida polo meirego Eloy Enciso e coa música xovense Nuria Lestegás no elenco.

Trátase da primeira película en galego seleccionada para a sección oficial do certame suízo, que se celebra desde o 7 ao 17 de agosto, e a única produción estatal que opta nesta edición ao Leopardo de Ouro.

O FILME INDAGA NOS FUNDAMENTOS DO FASCISMO

A película, inspirada en obras de teatro, memorias e cartas de presos en cárceres franquistas, sitúa o público na Galicia de posguerra.

A través de Anxo, o seu protagonista, o filme relata como a guerra e a represión da ditadura transformaron as relacións entre as persoas, explorando así os fundamentos sociais e políticos do fascismo.

ACTORES NON PROFESIONAIS

O director de Arrainos volve contar con actores non profesionais para este filme, que se estrea internacionalmente en Locarno. Así, ademais de Nuria Lestegás, coñecida tamén pola súa dedicación á interpretación e á docencia musical, entre os protagonistas do filme está, entre outros, o pintor e fotógrafo lalinense Miguel Calvo Ulloa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...