O Concello de Viveiro recomenda non bañarse na praia de Celeiro dada a variabilidade das análises realizadas sobre a calidade da auga.
O goberno local explica que se está a realizar un seguimento da aptitude para o baño do areal, tendo en conta que as analíticas realizadas pola Consellería de Sanidade “teñen resultados variables“. O executivo muncipal expón que nalgúns casos deuse o resultado de non apto e as revisións pertinentes ofreceron unha valoración contraria.
No pasado martes realizouse unha analítica que deu o resultado de apta, de xeito que se fará unha nova proba o domingo. Desde o departamento de medio ambiente de Viveiro, indica o Concello, “encargouse a realización dunha analítica complementaria“.
O Concello informará aos usuarios da praia mediante un bando e poñerá a disposición de todos os interesados, no taboleiro da praia de Celeiro, unha táboa cos resultados das analíticas que se van realizando, as cales tamén se poden consultar nesta páxina web.