Efectivos de Bombeiros do Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias (SEPA), con base no parque de Castropol, extinguiu un incendio declarado nun vehículo estacionado na rúa Antonio Osorio, á altura do número 3, en Vegadeo, e que afectou a dous coches aparcados nese vial. Non houbo persoas feridas.
O lume calcinou dous turismos, sen que ningunha persoa resultase afectada. A extinción levouse a cabo cunha liña de escuma.
O Centro de Coordinación de Emerxencias do 112 Asturias recibiu o aviso ás 06.01 horas. Na chamada indicábase que se estaba a queimar un coche aparcado na rúa e que había outros vehículos preto.
OS BOMBEIROS LIBRARON A UN TERCEIRO VEHÍCULO
A sala 112 do SEPA mobilizou unha dotación de bombeiros do parque de Barres que se trasladou ao lugar con dúas autobombas. Ás 6.32 horas os bombeiros deron por extinguido o lume. Sinalaron que afectara a dous coches, e que había un terceiro no lugar que acadaron retirar a tempo.
A dotación permaneceu no lugar realizando tarefas de arrefriamento, ata as 7.20 horas, tempo no que se retiraron para regresar á base. O incidente púxose en coñecemento da Garda Civil.