A vixésimo sétima edición do Mercado Medieval de Mondoñedo celebrarase os días 10, 11 e 12 de agosto. A alcaldesa mindoniense, a popular Elena Candia, participou na presentación do cartel do evento, que congregou a voluntarios e artesáns. O Concello organiza a cita coa colaboración da Deputación de Lugo e de Abanca.
Para coñecer o programa completo da cita haberá que esperar uns días, pero como en cada edición o casco histórico de Mondoñedo contará con postos de artesanía, alimentación e ambientación. Quenes se acheguen á cidade poderán desfrutar de demostración de oficios tradicionais e espectáculos de animación.
Ademais, este ano volverá haber degustación gratuíta de torresmos e viño e reforzaranse as actuacións musicais e medievais. A Escola de Música encargarase dun espectáculo teatralizado.