IniciosociedadeQueimada, San Caetano e Osa do Mar axitaron a fin de semana...

Queimada, San Caetano e Osa do Mar axitaron a fin de semana na Mariña

Cervo, Celeiro de Mariñaos e Burela foron os epicentros festivos da comarca

Publicada o

- Advertisement -

A Queimada Popular de Cervo, a celebración de San Caetano en Celeiro de Mariñaos, coa degustación dunha tortilla xigante, e o festival de música alternativa Osa do Mar de Burela animaron a fin de semana na Mariña Lucense.

Cervo recoñeceu e combateu un ano máis o lado máis escuro da humanidade na 41 edición da Queimada Popular, Festa de Interese Turístico GalegoSabela BlancoCarla DíazEva MartínezChus González e Raquel Blas encargáronse de dirixir a escenificación da loita entre o ben e o mal, simbolizado polas meigas.

Escenificación da Queimada Popular na Praza do Souto. AXM

Centos de persoas acudiron á Praza do Souto para ver a representación desta batalla, que se recrea de diferente forma cada ano. Nesta edición, as bruxas e mailo diaño corromperon ao alcalde e mailo párroco para desatar o caos no pobo de Cervo. Finalmente, coa axuda do bruxo e do conxuro, o pobo escorrentou os seres malignos para dar comezo á degustación da pócema.

Pola mañá, no vixésimo terceiro Mercado Tradicional, houbo unha ampla oferta de artesanía e gastronomía realizada en moitos casos pola propia veciñanza, vestida ao xeito das primeiras décadas do século XX.

MESTRES DA TORTILLA EN BARREIROS

En Barreiros, seis parellas participaron no concurso Master Tortilla da romaxe de San Caetano, que levaron Rafa e David. Unha receita xigante deu de comer a centos de comensais en Celeiro de Mariñaos.

En Burela, o festival Osa do Mar ofreceu ritmos alternativos coma os de Carolina Durante.

Concerto no Osa do Mar 2019. JOSÉ DÍAZ/FACEBOOK

Centos de persoas desfrutaron dos concertos que ofreceu o festival durante toda a fin de semana en distintos escenarios da vila, tanto á hora do vermú como pola tarde e nas actuacións nocturnas da Praza do Concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...