InicioPolíticaAlfoz estrea aparcadoiro de caravanas, con 40 prazas

Alfoz estrea aparcadoiro de caravanas, con 40 prazas

A instalación, financiada pola Deputación con 36.000 euros, está na parroquia de San Pedro de Mor

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Alfoz conta desde este luns cun novo aparcadoiro de autocaravanas. A instalación está situada na parroquia de San Pedro de Mor, a carón do parque municipal, o campo de fútbol e o campo da festa. Conta cunha extensión de preto dunha hectárea e ten capacidade para 40 caravanas

O aparcadoiro conta con servizos de auga, luz e xestión de verquidos. A área foi deseñada cun afán de facilitar a súa estancia ás familias. Os nenos poderán desfrutar da proximidade da piscina e o parque, dunha zona de descanso coa sombra dos castiñeiros e de aparellos para facer exercicios ximnásticos.

a área CONtará con SERVIZOS DE AUGA, LUZ E XESTIÓN DE VERQUIDOS e está situada preto do parque e a piscina

“IMPULSO PARA O TURISMO E O RURAL”

A Deputación de Lugo financiará a obra, cun orzamento de 36.000 euros, en terreos que achega o Concello. O deputado de relacións institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o alcalde, o socialista Jorge Val, inauguraron a instalación este luns, á que asistiu tamén o tenente de alcalde alfocense, Xabier Pardiñas.

Santos Ramos destacou que a nova área suporá “un impulso para o turismo da zona, e para a difusión do patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca”. Nestes senso apuntou que “este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes de Alfoz e a xeración de riqueza, nun entorno natural e único como é o deste concello mariñao”.

Val, pola súa banda, agradeceu a “colaboración” do ente provincial “en proxectos que buscan pór en valor o noso territorio, aproveitando as características propias das que dispomos, nunha clara aposta pola defensa do rural”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...