Os veciños de Foz axudaron a volver á auga dous caldeiróns tropicais que vararon a última hora da tarde na praia de Xuncos.
As condicións do mar eran favorables para que o improvisado operativo de rescate salvase a vida dos animais.
Cando os voluntarios da Coordinadora para o Estudos dos Mamíferos Mariños (Cemma) e os efectivos de Protección Civil, alertados tras unha chamada ao 112, chegaron á zona, os cetáceos xa foran devoltos ao mar.
Os caldeiróns xa foran vistos na auga ao longo da tarde sen que perigo para a navegación marítima nin poñían en risco a súa seguridade, pero arredor das 19.00 horas comezaron a achegarse á costa, ata que un dos exemplares varou no areal.
PRIMEIRO AVISTAMENTO DESTA ESPECIE
O socorrista da praia deu o aviso e puxo sobre o caso ao Cemma, que confirmou que era a primeira vez que se vían na zona animais desta especie, avistados con moita frecuencia nas Illas Canarias.