InicioDeportesO Kayak presumirá de canteira da 57 edición da Travesía Ría de...

O Kayak presumirá de canteira da 57 edición da Travesía Ría de Foz

O evento, un dos de maior tradición de Galicia, espera reunir o domingo uns 400 piragüistas

Publicada o

- Advertisement -

Foz acollerá este domingo, 25 de agosto, a 57 edición da súa Travesía Náutica, que aspira a reunir a arredor de 400 piragüistas de distintos clubs galegos e asturianos.

A travesía Ría de Foz é unha das probas máis lonxevas do calendario deportivo, e inclúe competicións para as modalidades K-1, K-2, C-1 e C-2, nas categorías cadetes, xuvenís, senior e veteranos, todas en distancias de 1.200 metros. Nas competicións participan tanto mulleres como homes.

BERCE DE GRANDES PADEXEIROS

O Club Kayak de Foz, anfitrión do encontro e que conta coa colaboración de Xunta de Galicia e Deputación de Lugo, destaca por ser berce de padexeiros moi destacados como o campión galego, Xoel García –campión de España xuvenil e que foi bronce no Mundial de Bulgaria– ou Iago García -que obtivo a medalla de ouro no campionato galego infantil e que obtivo o terceiro posto na cita nacional-.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...