EFE. Os densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos usuarios volveron a obrigar á Dirección Xeral de Tráfico (DXT) a manter cortada a Autovía do Cantábrico (A-8) en Mondoñedo desde fai máis de doce horas.
A autovía quedou cortada en ambos sentidos da circulación no Alto do Fiouco, entre os municipios de Abadín e Mondoñedo, desde onte ás 17.58 horas deste domingo.
DESVÍO ALTERNATIVO
O tramo que permanece cortado é o situado entre os quilómetros 536 e 552, de modo que a Garda Civil habilitou desvíos alternativos a través da estrada nacional 634 ao seu paso por Mondoñedo.
No mapa de incidencias da DXT poden consultar a situación da circulación neste punto de forma actualizada.
O último corte desta duración produciuse do 21 ao 22 de agosto.