IniciosociedadeBravos e Rúa reivindicarán o oficio tradicional da malla

Bravos e Rúa reivindicarán o oficio tradicional da malla

En Ourol, a cita será o 31 de agosto, coa inclusión no programa dunha ruta cabalar, mentres que na parroquia cervense celebrarase o 7 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

As parroquias de Rúa, en Cervo, e Bravos, en Ourol, reivindicarán o oficio tradicional da malla.

A asociación cultural Aturuxeiros de Bravos organiza a terceira edición da Malla Tradicional no Rego da Ponte, o vindeiro 31 de agosto. Na cita incluirase a primeira ruta cabalar, que comezará ás 10.30 horas. Ás 12.30 está prevista a recreación do oficio antigo.

Cartel da malla de Bravos. AXM

Ao final da malla haberá un xantar popular cun menú a 21 euros, e outras opcións -bocatas e hamburguesas- para quenes prefiran acollerse a outra alternativa. Pola tarde disporanse xogos populares e sorteos.

EN RÚA ANIMAN A IR CON VESTIMENTA DE ÉPOCA

En Rúa, a Festa da Malla será xa en setembro, o sábado 7. Organiza o evento a Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, o edil de turismo, David Rodríguez, e por varios membros do colectivo organizador. A agrupación anima aos asistentes a ir vestidos de época para ambientar a festa.

A Festa comezará ás 10.00 horas con paseos a cabalo e unha ruta de sendeirismo. O Grupo Vivarium será o encargado da sesión vermú. Ás 14.00 horas haberá un xantar a cargo de Chao de Brea que será de balde para os nenos de ata 5 anos. O prezo para pequenos de cinco a dez anos será de dez euros, e de 20 para os maiores desa idade.

Pola tarde, ás 17.00 horas, os xogos populares serán o aperitivo da malla, prevista para as 18.30 horas. Ao remate venderanse racións de empanada e bolos preñados. Vivarium animará a verbena desde as dez da noite.

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas en asistir ao xantar teñen que anotarse antes do día 31 de agosto nos teléfonos 609.672.202 ou 635.815.591. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...