InicioSucesosA comisión da Festa Normanda alerta de que timadoras piden diñeiro polas...

A comisión da Festa Normanda alerta de que timadoras piden diñeiro polas casas para a celebración

O colectivo organizador lembra que só esta a solicitar colaboración "entre os comercios" da vila e que achega "programa, cartel e recibo"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz advirte de que timadoras están a pedir diñeiro en casas particulares para colaborar coa Festa Normanda de Foz, que se celebrará a vindeira fin de semana.

Os membros da comisión piden cautela ante este fraude. Segundo expón o colectivo organizador, “Pablo, Andrea, Jacob, Rodrigo, Nuria e Olalla son as persoas que levan días visitando comercios e empresas, pedindo colaboración para a celebración desta festa”. En concreto, son dúas mulleres as que están tratando de lucrarse á conta dos festexos. 

Os integrantes da comisión non están a acudir a domicilios particulares e “sempre aportarán un recibo, díptico e cartel”, precisan.

PROGRAMA

O programa festivo arrincará o venres, co pregón de Belinda Washington. A representación do ataque normando e da milagre do bispo San Gonzalo será o sábado ás 14.00 horas.

Cartel da Festa Normanda. AXM

A festa prolongarase ata o domingo con demostración de oficios tradicionais, concertos, xogos populares e o desembarco infantil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...